Por encarga e abertos ao público

Servizos

Dúas maneiras de sentar á nosa mesa: reservar o obradoiro para os teus, ou apuntarte a unha das datas que abrimos ao público.

A porta pechada

Reservas o obradoiro e cociñamos só para o teu grupo. Data, menú e formato acórdanse contigo.

01

Cea privada

O obradoiro péchase para a túa mesa. Elizabeth deseña un menú específico para a ocasión e cocíñao ese mesmo día.

Serve igual para unha cea de dous que para unha celebración de seis. De luns a sábado, sempre por encarga.

Reservar cea privada

Cea privada
CandoDe luns a sábado, por encarga
Desde300€ por encarga
Ata 6 comensais300€ en total
Máis de 650€ por persoa
Máximo10 comensais
MenúPersonalizado con Elizabeth
Prezo finalSegundo o menú e as bebidas

02

Cóctel privado

O local pechado para o teu grupo, en formato de pé. Unha proposta de cóctel a medida, pensada para que a xente circule e fale.

Aniversarios, presentacións, comidas de equipo ou calquera escusa razoable. Ata 15 persoas.

Reservar cóctel privado

Cóctel privado
FormatoDe pé, cóctel
Máximo15 persoas
Desde300€ por encarga
Ata 10 persoas300€ en total
Máis de 1030€ por persoa
PropostaA medida, segundo a ocasión
Prezo finalSegundo a proposta e as bebidas
Catering boutique

Catering boutique

Levamos o obradoiro ao teu sitio. Lotes pequenos para eventos corporativos e celebracións, con servizo de camareiros opcional e entrega en Santiago.

Almorzos por encarga

Almorzos por encarga

Almorzos para grupos, preparados pola mañá. Cóntanos o día, a hora e cantos sodes e facémosche unha proposta.

Aberto ao público

Datas soltas con prazas limitadas. Anúncianse en Actividades e en Instagram: apúntate e avisámoste da vindeira.

A mesa de Elizabeth

Menú degustación elaborado por Elizabeth. Entrante, catro pratos de degustación, sobremesa e bebida —auga, unha copa de viño ou unha cervexa.

8 prazas · desde 50€ por persoa

Cóctel aberto

Unha proposta de cóctel de Karu Porã, aberta a quen queira apuntarse. Cómese de pé e cámbiase cada vez.

Desde 40€ por persoa · bebidas incluídas

Sesión vermú

Vermú e cociña de picar no obradoiro, sen máis pretensión que a dunha boa tarde.

Desde 40€ por persoa · bebidas incluídas

Apúntate á vindeira

Como
traballamos

01

Falamos

Cóntasnos a ocasión, o número de comensais e o que imaxinas. Sen menús pechados.

02

Propoñemos

Elizabeth propón un menú a medida e axustámolo contigo ata o último detalle.

03

Cociñamos

Nós ocupámonos de todo o día do evento. Ti só te sentas á mesa.

O teu evento pide algo especial?

Falamos contigo para deseñar a experiencia perfecta. Non hai menú fixo, só posibilidades.

Cóntanos a túa idea